O maior portal interactivo para explorar o cosmos

Vista completa do ceo no portal EsaSky. Fonte: ESA.
Vista completa do ceo no portal EsaSky. Fonte: ESA.

A Axencia Espacial Europea (ESA) presentou ESASky, un portal para explorar o firmamento de forma interactiva. Esta aplicación aberta permite a usuarios de computadores, tabletas e móbiles visualizar obxectos cósmicos no espectro electromagnético. Unha serie de videotutoriais ensinan a usar esta ferramenta e as súas posibilidades, como ver o ceo en distintas lonxitudes de onda, descargar imaxes ou buscar publicacións científicas.

ESASky constitúe un innovador atlas estelar e ofrece a astrónomos profesionais e afeccionados un acceso sinxelo a datos científicos de alta calidade. Contén máis de medio millón de imaxes, 300.000 espectros e máis de mil millóns de fontes de catálogo. Dos raios gamma ás lonxitudes de onda de radio, esta aplicación científica permite aos usuarios explorar o cosmos con datos procedentes de ducias de misións, desde os arquivos astronómicos da frota científica espacial da ESA ata misións da NASA e a JAXA. ESASky non esixe coñecementos previos de cada misión.

Publicidade

O portal contén máis de 500.000 imaxes baseadas en datos recollidos por misións espaciais e telescopios

“Queremos ampliar o acceso aos datos astronómicos dos sofisticados telescopios espaciais da ESA e ofrecer aos usuarios os mellores produtos de cada misión, listos para facer ciencia”, sinala á Axencia Sinc Bruno Merín, director do Centro de Datos Científicos no Centro Europeo de Astronomía Espacial ( ESAC) da ESA, que engade: “Os expertos decidiron simplificar as súas vidas e ESASky está aquí para axudarlles”.

O portal ESASky presenta unha interface de exploración que abarca todo o firmamento. Os usuarios poden ampliar a vista de calquera zona do ceo para visualizar a estrela, galaxia ou obxecto cósmico do seu interese e obter os datos relevantes recompilados nesa área con só un par de clics. Ademais, poden comparar observacións da mesma fontes efectuadas en diversas lonxitudes de onda por parte de distintas misións espaciais. Por exemplo, é posible combinar datos do infravermello afastado do observatorio espacial Herschel con observacións en raios X de XMM-Newton.

Publicidade

A ferramenta tamén pode empregarse para preparar futuras observacións co telescopio espacial James Webb da NASA, a ESA e a axencia espacial canadense ( CSA), comparando a sección relevante do firmamento observada polo telescopio espacial Hubble (NASA/ESA) ou calquera outra das misións incluídas en ESASky.

Podes acceder a EsaSky nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Alén Space lidera un proxecto europeo para detectar interferencias de radiofrecuencia dende o espazo

A empresa galega coordina a iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea que terá unha duración de 24 meses

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude