Espertou o módulo Philae sobre o cometa. O Philae deu sinais de ter recuperado a súa actividade tras un letargo de case sete meses sobre a superficie do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko, segundo informaron fontes do Centro Nacional de Estudos Espaciais (CNES). A sonda Rosetta, que orbita a uns 20 quilómetros do cometa, recibiu a pasada noite un curto sinal duns 40 segundos procedente de Philae, o que indicaría que as súas baterías se reactivaron e que o aparato puido resistir as condicións climáticas e ambientais. "Ola Terra. Podes oírme?", tuiteó a misión Philae Lander, para preguntar despois, no seu habitual ton desenfadado, produto da súa programaciónovan personalizada: "Canto tempo estiven durmido?". "A boa noticia chegou no medio da noite, cando Philae respondeu ás nosas chamadas. Tivemos ao redor de dous minutos de enlace entre Rosetta e Philae, e 40 segundos de datos. Agora hai que analizar todo isto, pero Philae vive", explicou o presidente do CNES, Jean-Yves Le Gall.
Espertou o módulo Philae sobre o cometa. O Philae deu sinais de ter recuperado a súa actividade tras un letargo de case sete meses sobre a superficie do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko, segundo informaron fontes do Centro Nacional de Estudos Espaciais (CNES). A sonda Rosetta, que orbita a uns 20 quilómetros do cometa, recibiu a pasada noite un curto sinal duns 40 segundos procedente de Philae, o que indicaría que as súas baterías se reactivaron e que o aparato puido resistir as condicións climáticas e ambientais. “Ola Terra. Podes oírme?”, tuiteó a misión Philae Lander, para preguntar despois, no seu habitual ton desenfadado, produto da súa programaciónovan personalizada: “Canto tempo estiven durmido?”. “A boa noticia chegou no medio da noite, cando Philae respondeu ás nosas chamadas. Tivemos ao redor de dous minutos de enlace entre Rosetta e Philae, e 40 segundos de datos. Agora hai que analizar todo isto, pero Philae vive”, explicou o presidente do CNES, Jean-Yves Le Gall.
O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.
A tripulación de Artemis II ten previsto completar a súa amaraxe no océano Pacífico tras o reingreso atmosférico na madrugada do 11 de abril, en horario español
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.