
Explicación: por que tantas galaxias parecen espirais? Un exemplo espectacular é M101, amosada enriba, cunha distancia relativamante achegada duns 27 millóns de anos luz que permiten ser estudada con certo detalle. As evidencias observacionais sinalan que unha interacción gravitatoria cunha galaxia veciña creou ondas de masa elevada e gas condensado que continúan a orbitar o centro galáctico. Estas ondas comprimen o gas existente e provocan a formación de estrelas. Un dos resultados é M101, chamada tamén a galaxia Tarabela, con varias rexións de formación estelar extremadamente brillantes (chamadas rexións HII) espalladas polos seus brazos espirais. M101 é tan grande que a súa enorme gravidade distorsiona as galaxias achegadas máis pequenas.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












