Un oceanográfico con base en Vigo rescata a 194 refuxiados sirios

Inmigrantes sirios rescatados polo buque Sarmiento de Gamboa
O buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa, con base en Vigo, rescatou onte a 194 refuxiados sirios que se encontraban a bordo dunha barcaza á deriva durante seis días no Mediterráneo, en augas entre Sicilia e Grecia. Máis da metade dos rescatados son mulleres e nenos; en concreto, 61 cativos, 54 mulleres e 79 homes. Segundo informou o propio CSIC, todos eles están “en pefecto estado de saúde”, aínda que con síntomas de deshidratación, e recibiron mantas, alimentos e líquidos (auga, zumos, fruta e iogures). O barco, pertencente ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e con 18 tripulantes e dous investigadores da Unidade de Tecnoloxía Marina, volvía a Galicia despois dunha campaña no mar Negro cando recibiu a petición de auxilio de parte das autoridades italianas. Na zona do naufraxio encontrouse cunha fragata da Guarda Costeira islandesa na que embarcaron outras 214 persoas que tamén se encontraban na barcaza. O médico da embarcación islandesa tamén atendeu aos refuxiados rescatados polo buque español. A capitana do Sarmiento de Gamboa, María Ángeles Campos, explicou que recibiron unha chamada do Centro Coordinador de Salvamento Marítimo de Roma para acudir en axuda dun barco con 408 inmigrantes que foron levados até o porto de Augusta, en Sicilia. Na foto, os refuxiados antes do rescate./ CSIC

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies

Un novo método predí a resistencia aos antibióticos da bacteria ‘Helicobacter pylori’

O estudo do CSIC permite saber con antelación que tratamento será máis eficaz para cada paciente

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

Un estudo do CSIC descobre sinais de inflamación arterial no ADN despois dos 50 anos

Os investigadores identifican tamén células inmunitarias 'esgotadas' que poderían explicar por que a inchazón persiste na enfermidade denominada arterite de células xigantes