O maior esqueleto de balea de España, no Museo da Natureza de Ferrol

Do teito do Museo da Natureza de Ferrol pendura desde este venres o esqueleto completo dunha balea de aleta (Balaenoptera physalus) de 18 metros e media tonelada, que embarrancou o19 de marzo do 2004 en Niño do Corvo, nunha praia cativa de Ponteceso (A Coruña). Ademáis de abraiante, é o máis grande, o mellor conservado e o máis completo de toda a Península e un dos 17 exemplares de cetáceos galegos que atesoura a Sociedade Galega de Historia Natural.<br /> Un cento de voluntario da SGHN tardaron unha década en despezala balea, agardara a súa descomposición controlada baixo terra, límpala e refacela óso por óso -suma 30 costelas- e vértebra a vértebra -ten 59- ate o día de hoxe. Cada unha das dúas mandíbula lle pesa a este mamífero 100 quilos e o seu cranio pasa dos 300. A balea é unha femia adulta das que se mergullan lonxe da plataforma continental, a unhas 300 millas da costa galega. Na foto, aspecto da montaxe.
Do teito do Museo da Natureza de Ferrol pendura desde este venres o esqueleto completo dunha balea de aleta (Balaenoptera physalus) de 18 metros e media tonelada, que embarrancou o 19 de marzo do 2004 en Niño do Corvo, nunha praia cativa de Ponteceso (A Coruña). Ademáis de abraiante, é o máis grande, o mellor conservado e o máis completo de toda a Península e un dos 17 exemplares de cetáceos galegos que atesoura a Sociedade Galega de Historia Natural. Un cento de voluntario da SGHN tardaron unha década en despezar a balea, agardar a súa descomposición controlada baixo terra, limpala e refacela óso por óso -suma 30 costelas- e vértebra a vértebra -ten 59- até o día de hoxe. Cada unha das dúas mandíbulas lle pesa a este mamífero 100 quilos e o seu cranio pasa dos 300. A balea é unha femia adulta das que se mergullan lonxe da plataforma continental, a unhas 300 millas da costa galega. Na foto, aspecto da montaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

Campaneiro, coroceiro e muiñeira: unha exposición retrata profesións galegas tradicionais en desaparición

A mostra foi elaborada por máis de 30 estudantes e poderá visitarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata abril de 2027

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos