Este martes 14 de xullo, ás 13:49 h (hora peninsular española), a sonda espacial New Horizons da NASA realizou o seu máximo achegamento a Plutón, do que se mantén a uns 12.500 quilómetros de distancia. A nave pasou a unha velocidade de 49.600 quilómetros por hora tomando datos cos seus sete instrumentos científicos. A visita ao xélido planeta anano culmina a exploración inicial do noso sistema solar, xa que se trata do último mundo descoñecido. Ademais, a NASA lanzou unha aplicación que permitirá coñecer os detalles da exploración de Plutón por New Horizons. Está dispoñible para Mac e Windows en [eyes.jpl.nasa.gov] A aplicación permitirá recibir imaxes, foto a foto, do que vai vendo a sonda espacial tanto en Plutón coma na súa maior lúa: Caronte. Foto: Recreación NASA da chegada de New Horizons.
A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble
O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027
A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.