Morre o derradeiro macho de rinoceronte branco do norte

Sudán era o derradeiro macho de rinoceronte branco do norte.
Sudán era o derradeiro macho de rinoceronte branco do norte.

Sudán tiña 45 anos –unha idade equivalente en humanos a 90 anos– e vivía na reserva OI Pejeta Conservancy en Quenia. Desde facía máis dun ano o rinoceronte sufría unha infección na pata, unha condición que, a pesares do tratamento e dos coidados, empeorou nas 24 horas anteriores á súa morte.

O equipo de veterinarios do Zoo Dvur Králové, Ol Pejeta e o Kenya Wildlife Service decidiu onte practicarlle a eutanasia para evitar o seu sufrimento.

Publicidade

Tras a súa morte, a subespecie só conta con dúas únicas sobreviventes. Trátase de dúas femias: a filla e a neta de Sudán. Pero en estado salvaxe a subespecie deuse por extinta en 2008 segundo a organización WWF.

Sudán foi o último rinoceronte branco do norte en nacer estado salvaxe. Estes rinocerontes, que habitaban en Uganda, República Central Africana, Sudán e Chad, foron aniquilados nos anos 70 e 80 durante a crise da caza furtiva, que se fixo masiva pola alta demanda de cornos para a medicina tradicional chinesa en Asia e para a fabricación de mangos de dagas en Iemen.

Publicidade

Os últimos exemplares en estado salvaxe foron asasinados na República Democrática do Congo a principios dos anos 2000. A última esperanza agora para preservar a esta subespecie é o desenvolvemento de técnicas de fertilización in vitro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Mtoto: o neno enterrado en Kenya hai 78.000 anos

A paleoantropóloga galega María Martinón Torres asina o artigo que leva na portada a revista "Nature", que describe o achado nun xacemento de Kenia

O proxecto galego Globed chega a África

A premiada idea de tres mozas de Santiago para facilitar a educación no Terceiro Mundo busca patrocinios