A pedra da foto é a ferramenta de pedra máis antiga da historia. Un equipo internacional de científicos achou en Kenya estes trebellos, os máis antigos xamais atopados, que datan de 3,3 millóns de anos de antigüidade. Os artefactos indican que os homínidos puideron fabricar ferramentas moito antes do que se pensaba e poderían adiantar así as orixes do xénero Homo -que inclúe os humanos modernos-. Non obstante, os investigadores descoñecen aínda que especie puido realizalas. Os científicos atoparon 149 artefactos de pedra nunha montaña de Kenya e publican o descubrimento na revista 'Nature'. A datación atrasa en 700.000 anos a antigüidade das ferramentas ata agora máis antigas. Segundo os investigadores, os autores dos artefactos poderían ser ou non algún antecesor dos humanos. O achado é a primeira evidencia de que un grupo anterior de protohumanos (primeiros humanos) tivo as habilidades necesarias para fabricar ferramentas de bordos afiados. Estes artefactos marcan "un novo comezo no rexistro arqueolóxico actual", sinalan os autores do estudo. Foto: Nature.
A pedra da foto é a ferramenta de pedra máis antiga. Un equipo internacional de científicos achou en Kenya estes trebellos, os máis antigos xamais atopados, que datan de 3,3 millóns de anos de antigüidade. Os artefactos indican que os homínidos puideron fabricar ferramentas moito antes do que se pensaba e poderían adiantar así as orixes do xénero Homo -que inclúe os humanos modernos-. Non obstante, os investigadores descoñecen aínda que especie puido realizalas. Os científicos atoparon 149 artefactos de pedra nunha montaña de Kenya e publican o descubrimento na revista ‘Nature’. A datación atrasa en 700.000 anos a antigüidade das ferramentas ata agora máis antigas. Segundo os investigadores, os autores dos artefactos poderían ser ou non algún antecesor dos humanos. O achado é a primeira evidencia de que un grupo anterior de protohumanos (primeiros humanos) tivo as habilidades necesarias para fabricar ferramentas de bordos afiados. Estes artefactos marcan “un novo comezo no rexistro arqueolóxico actual”, sinalan os autores do estudo. Foto: Nature.
O estudo coordinado pola UVigo, publicado en 'Nature, analiza 373 mostras de 26 países para amosar as alteracións producidas en fungos, bacterias e nematodos
Un estudo de 'Nature' analiza 2.000 mostras de pacientes e revela que as marcas de metilación do ADN son capaces de desvelar a procedencia dos tumores e anticipar o seu comportamento clínico
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.