Xoves 25 Abril 2024

O monstro dos teus pesadelos? Non, é unha formiga en primeiro plano

Unha imaxe presentada a un concurso de fotografía mostra un rostro aterrador que, en realidade, é o dun insecto inofensivo

Cal é o monstro máis espantoso dos teus pesadelos? Probablemente non sexa tan terrorífico como imaxinas. Ás veces á realidade supera á ficción e ninguén pensaría que o rostro dunha formiga, sacado en primeiro plano, puidera causar tanto medo. Pero así é. O fotógrafo Eugenijus Kavaliauskas presentou esa imaxe a un concurso convocado por Nikon e agora a súa instantánea xa é viral. A formiga parece sacada dunha película de terror, pero non, tan só foi fotografada baixo un microscopio.

A imaxe, titulada Ant —formiga en inglés— foi capturada cunha cámara Canon R7 e un obxectivo Mitutoyo de 5X de aumento. Segundo explicou o autor ao medio Insider, gústalle facer imaxes de detalle e ocorréuselle fotografar unha formiga porque vive preto dun bosque. No que respecta á expresión de enfado que se percibe no insecto, débese a un fenómeno que se chama pareidolia, que se basea en ver determinadas formas onde non as hai. A formiga non está iracunda, é un efecto do noso propio cerebro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Seis imaxes que cambiaron a historia da ciencia

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de O ser humano empregou primeiro o debuxo e...

O telescopio James Webb revela unha nova imaxe de Xúpiter

O observatorio máis potente da historia inclúe no seu informe de posta en marcha unha serie de fotografías do planeta

A formiga arxentina, unha especie cun “alto potencial invasor”

Chegou hai 100 anos e ten "consecuencias devastadoras" para o medioambiente porque favorece a proliferación de pragas e elimina as especies nativas

Por que nesta foto se ven moitas cousas pero ningunha concreta?

A ciencia tenta explicar por que nos produce desacougo esta imaxe e como foi creada