Martín, un novo tigre para o zoo de Vigo

Martín, o novo tigre de Vigozoo, fará compaña a Kenia.
Martín, o novo tigre de Vigozoo, fará compaña a Kenia (na foto).

No censo da fauna de Galicia hai que apuntar dende agora un novo tigre, que vive no monte da Madroa, nos altos da cidade de Vigo. Martín é un exemplar de mediana idade, que ten uns 9 anos, adoitando vivir como media en catividade  uns vinte anos. Aínda que o Panthera Tigris é un gran felino orixinario de Siberia, que chegou a adaptar o seu hábitat ás calidas terras da India, no caso de Martín procede dunha capital turística do Mediterráneo: Benidorm. Dende o seu zoo vén de ser trasladado a Vigo, despois de que fora rexeitado polos machos que o acompañaban no recinto de Terra Natura.

Martin, que permanece pechado mentres se adapta ao seu novo hábitat, compartirá espazo coa tigresa Kenia, que recentemente perdeu á súa nai, Duches, tras padecer esta un cancro de pel.

Publicidade

Os coidadores de Vigozoo din que é un macho tranquilo, duns 200 quilos, e confían en que lle faga compaña a Kenia, algo que pode acontecer nos parques zoolóxicos, pero que non sucede na natureza, onde o tigre é unha especie moi territorial e solitaria, mesmo violenta con outros conxéneres cando os atopa en liberdade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha tese presentada en Lugo detecta en elefantes de Kenia parasitos de interese zoonótico

O científico Edward Muteathia King’ori analizou as infeccións parasitarias destes mamíferos nunha tese dirixida pola catedrática Patrocinio Morrondo

Estes días o sol cae máis vertical en Galicia ca no Ecuador, e estas son as razóns

A proximidade do solsticio de verán provoca que o astro proxecte menos sombra en Santiago de Compostela ca en Nairobi ou Quito

“Non hai evidencias de que os animais poidan contaxiar ós humanos”

O catedrático de Veterinaria Rodríguez Ferri analiza os casos puntuais dos tigres, cans e gato positivos con SARS-CoV-2

Científicos de Lugo estudan en Kenia infeccións en elefantes e rinocerontes

Os catedráticos Patrocinio Morrondo e Pablo Díez viaxaron ao país africano para supervisar a toma de mostras de feces, sangue e carrachas