A tira de xaneiro de Kiko da Silva, con Son Goku

xaneiro kiko

A Área de Normalización Lingüística da UVigo ten novo calendario para 2018. Despois do éxito das tiras cómicas do debuxante Luis Davila, que acadaron cifras históricas de impacto en redes sociais, o artista pontevedrés Kiko da Silva será o encargado de ilustrar o ano que acaba de comezar. 12 debuxos para, de novo, loitar contra os prexuízos cara o galego botando man do humor gráfico.

Mantendo o lema Na Universidade en galego. Sen prexuízos, a ANL volve apostar polo formato dun calendario de parede no que cada páxina é un mes de 2018 e, en cada unha delas, o ilustrador gráfico Kiko Da Silva introduce unha viñeta na que a través do humor e a retranca presenta diferentes situacións cargadas de prexuízos sobre a lingua e se achegan recursos e estima para superalos.

Publicidade

Na tira de xaneiro, Da Silva lembra a figura de Son Goku, protagonista da mítica serie Bóla de Dragón, que marcou a infancia dos nenos galegos na década dos 90 a través do Xabarín Club.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Como revivir a lingua

Estas son as estratexias das marcas para recuperar o galego, dende o derbi galego ata Inditex. Por Andrea Veiga

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Celta vs. Deportivo: dúas formas de reivindicar a lingua galega dende o fútbol

As estratexias de comunicación de ambos clubes buscan reforzar o vínculo coa afección e coa cultura do territorio a través do idioma