Os círculos de Kitaoka.
Os círculos de Kitaoka.

Estes círculos semelllan moverse. Pero non. Porque esta ilusión óptica ten unha base científica, baseada na nosa visión periférica. O noso cerebro percibe sinais que lle din que hai un movemento na contorna da nosa visión, onde estamos a fixar a vista. E un dos maiores expertos do mundo neste fenómeno é o xaponés Akiyoshi Kitaoka, profesor de Psicoloxía en Kioto, experto en Neurociencia.

Kitaoka crea estes deseños para estudar o proceso polo que o noso cerebro ve movemento onde non existe. Nestas ilusións visuais de formas xeométricas, inflúen o brillo e a cor, xunto a outros fenómenos visuais como a finalización Gestalt e a transparencia perceptual,

Publicidade

En 2006, o investigador xaponés recibiu o Premio L’ ORÉAL de Arte e Ciencia da Cor. En 2007, recibiu o Premio de Estudos Orixinais da Sociedade Xaponesa de Psicoloxía Cognitiva.

O deseño de Kitaoka chamado Roller.
O deseño de Kitaoka chamado Roller.

A ilusión de deriva periférica (PDI) refírese a unha ilusión de movemento xerada pola presentación dunha reixa de luminancia de dente de serra na periferia visual. Esta ilusión foi descrita por primeira vez por Faubert e Herbert (1999), aínda que Fraser e Wilcox (1979) describiron un efecto similar chamado “ilusión da escaleira mecánica”.

Publicidade

Kitaoka creou numerosas variantes do PDI, e as súas chamadas “serpes giratorias” volvéronse moi populares. A maioría dos observadores poden ver a ilusión facilmente cando len texto coa figura da ilusión na periferia.

As investigacións actuais sobre estas ilusións cognitivas baséanse en diferenzas temporais no procesamento da luminancia , producindo un sinal que engana ao sistema de movemento. En calquera caso, os eeseños de Kitaoka resultan abraiantes para calquera que os observe.

rotrays

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.