Grandes lagos en Marte

Imaxe do robot Curiosity que amosa un área onde houbo un gran lago en Marte. Foto: NASA.
Imaxe do robot Curiosity que amosa un área onde houbo un gran lago en Marte. Foto: NASA.

Un sistema fluvial con deltas e lagos cubriu fai millóns de anos o cráter Gale, en Marte. Así o suxiren as imaxes de rocas e sedimentos captadas polo robot Curiosity, que percorre agora esta rexión marciana por onde unha vez discorreu a auga. Os accidentes xeográficos da zona setentrional do cráter Gale mostran series de rocas sedimentarias. “Baseándonos nas imaxes tomadas polo Curiosity, interpretamos que estes afloramientos son unha evidencia de contornas fluviais, deltaicos e lacustres no pasado”. Esta é a conclusión dun estudo que o investigador John Grotzinger, do Instituto de Tecnoloxía de California (EE UU), e outros autores publican esta semana na revista ‘Science’.
Ata hoxe, as hipóteses sobre a historia desta rexión marciana baseáronse en observacións tomadas desde o espazo, pero os datos sobre o terreo recollidos por Curiosity permitiron aos investigadores probar directamente a hipótese de que os grandes cráteres de impacto foron capaces de acumular e almacenar auga durante períodos de tempo considerables.
 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo