A Gran Barreira de Coral, golpeada por sedimentos de inundacións

Un ano excepcional de chuvias en Queensland (Australia) cobre a enorme estrutura cos lodos e outras partículas arrastrados polos ríos ata o mar

A Gran Barreira de Coral, un dos maiores tesouros naturais da Terra pola súa riqueza e extensión, leva xa tempo en perigo pola ameaza que o cambio global supón para o seu delicado equilibrio ecolóxico. Xa leva tempo sufrindo unha especie de “embranquecemento” por mor do aumento da temperatura da auga. Varias das especies de coral están no límite de tolerancia, e as algas que viven preto e lle dan cor ao realizar a fotosíntese desaparecen do lugar, polo que os corais acaban morrendo en moitos casos. Ademais, o impacto de varios ciclóns na rexión golpeou tamén con dureza a Gran Barreira.

E agora foi a escorrentía provocada por un ano de grandes precipitacións na rexión de Queensland, en Australia, o que provocou un aluvión de sedimentos que chegou ata o arrecife. Así o amosan as imaxes tomadas desde o satélite, con augas turbias adentrándose no mar durante decenas de quilómetros. Imaxes aéreas publicadas por AFP tamén amosan que os sedimentos sepultaron o coral cunha capa de lodo, que podería danar estas zonas da Gran Barreira, impedindo o paso da luz do Sol.

Publicidade

O temor para os científicos é que as augas procedentes dos ríos conteñan substancias utilizadas na agricultura que poidan danar o coral, como advertiron universidades como a James Cook.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os solos galegos, ao límite: a chegada de novas borrascas dispara o risco de inundación nas Rías Baixas

As previsións alertan de posibles desbordamentos fluviais en concellos do sur de Pontevedra tras semanas de chuvias persistentes

Estes son os mapas actualizados das zonas con maior risco de inundación en Galicia

Os ríos Lérez e Garfo ao seu paso por Pontevedra poderían asolagar áreas ambientais protexidas da Rede Natura, bens patrimoniais e afectar a 1.600 persoas, segundo a Xunta

Cal é o risco de seca ou inundación no teu concello en 2050? Consúltao neste mapa

Un atlas internacional reflicte os niveis dos riscos hídricos a nivel mundial e local tanto da actualidade como as previsións de futuro

Podcast | Como a tecnoloxía (e a colaboración) melloran a resposta ante os desastres naturais

Os investigadores do CITIC Miguel Luaces e Elena Hernández explican o proxecto ATEMPO para optimizar as actuacións de emerxencia