A Axencia Espacial Galega levará unha abella á estratosfera

A Axencia Espacial Galega, a Nosa, volverá o vindeiro luns a voar moi alto. O Marumasat III, a nova versión da sonda que lanzaron en 2016 e 2017 os alumnos de tres institutos galegos (IES Maruxa Mallo de Ordes, IES Marco Camballón de Vila de Cruces e IES Miraflores de Oleiros), despegará, se todo vai segundo o previsto, o vindeiro luns 7 de maio. E este ano, como novidade, queren conseguir que o ovo dunha abella eclosione á altura da estratosfera, a máis de 10.000 metros de altura.

O Cabo Cañaveral particular da axencia Nosa está no patio do IES Maruxa Mallo de Ordes, de aí o nome co que se bautizou a sonda. “As condicións meteorolóxicas parece que, en principio, son boas”, explica Xosé Manuel Fernández Castro, profesor do centro ordense e un dos coordinadores da Nosa. Escolleuse Ordes pola súa posición na xeografía galega, afastada da costa e da fronteira con Portugal, xa que para lanzar o Marumasat é preciso pedir permiso a AENA co obxectivo de evitar incidentes no tráfico aéreo, e este permiso só abrangue ao territorio español. As simulacións apuntan a que o aparello caerá bastante preto da zona de lanzamento.

Publicidade

O ano pasado, o Marumasat levou a bordo unha miñoca “que volveu en perfectas condicións”

A terceira versión do Marumasat, que leva meses en construcción, incluirá varias novidades. A primeira é exterior. “As paredes exteriores serán un espello, para ver se é posible que nos detecte algún satélite”, explica Fernández. No interior, ademais da cámara GoPro que gravará todo o percorrido da sonda, irá un ovo de abella que debería eclosionar se todo vai ben. Para crear as condicións axeitadas para o nacemento da abella, os creadores da sonda desenvolveron un sistema de climatización que regulará a temperatura, xa que no exterior poderían acadarse ata os -50ºC. O ano pasado xa levaron unha miñoca ao ceo, “que volveu en perfectas condicións”, lembra Xosé Manuel Fernández.

Imaxe do Marumasat III. Fonte: Axencia Nosa.
Imaxe do Marumasat III. Fonte: Axencia Nosa.

Estes elementos (o espello e a abella) son as razóns do nome co que se bautizou o proxecto da axencia deste ano: Niño no faro. Ademais doutros obxectos, como unha placa arduino e un móvil con aplicacións para medir o movemento da sonda, irán a bordo os poemas gañadores do I Premio de Poesía Estratosférica, convocado pola asociación que agrupa aos impulsores da Nosa.

Publicidade

O proceso, no que participan máis de 300 alumnos dos tres institutos que impulsaron a Nosa, ademais do IES Xelmírez de Santiago, que este ano colabora cun experimento, está xerando unha importante expectación. No lanzamento do vindeiro luns estarán, ademais da comunidade educativa, persoeiros do mundo científico, académico e institucional. Do mesmo xeito, empregarán un dron para seguir o despegue do Marumasat III.

O 30 de maio de 2017 o Marumasat II lanzouse desde Ordes. Acadou máis de 33.000 metros de altura e tomou terra de novo en Puxallos (Lalín). Neste vídeo pode verse toda a viaxe:

1 comentario

  1. Gracias .
    Y mis más sinceras felicitaciones a todo el equipo .
    Estais contribuyendo ya no solo al conocimiento sino que con vuestro proyecto habeis ayudado a la comprension e idealizacion de nuevas ideas en lineas de investigacion y desarrollo de posibles nuevos futuros investigadores aeroespaciales .
    Un proyecto aeroespacial de un vehiculo para exploracion de el planeta marte nacioó de un instituto de alumnos de Galicia y fue llevado a cabo por la National American Society Aerospatiale (NASA ). Se invitó a los alumnos de el proyecto idealizado a conocer los laboratorios aeroespaciales de la Nasa donde se desarrollo el vehiculo idealizado por los alumnos.
    Un arbol da muchas semillas …
    Pero solo una semilla
    da un arbol unico.
    Bujan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A mestra de Ferrol que foi precursora do libro electrónico: “Era un ben común e universal”

María Luisa Souto conta a historia da súa avoa tras un evento da Universidade da Coruña no que se conmemora o 50 aniversario do seu falecemento

Román Rodríguez: “A pandemia puxo enriba da mesa a necesidade de apostar pola ciencia”

O conselleiro de Ciencia defende a aposta do Plan de Investigación polas tecnoloxías da bioloxía, cuántica e verde: “Galicia non pode ser boa en todo”

O método pedagóxico galego que promete revolucionar o estudo da gramática

“Sintaxe” propón un sistema máis innovador e inclusivo no que os nenos de entre 6 e 11 anos aprenden con recursos que poden tocar

Intelixencia artificial para detectar TDAH nas aulas e outros proxectos de Galiciencia 2024

A feira científica reúne un centenar de traballos de alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP e Primaria de toda a comunidade