Visita de Franco e Serrano Suñer a Santiago e o mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Visita de Franco e Serrano Suñer a Santiago e o mosteiro de Sobrado dos Monxes.

A Biblioteca Nacional dixitaliza as fotos da Guerra Civil en Galicia

Máis de 11.000 fotografías, varios centos delas de Galicia, xa están dispoñibles en internet a través da Biblioteca Digital Hispánica

Visita de Franco e Serrano Suñer a Santiago e o mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Visita de Franco e Serrano Suñer a Santiago e o mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Máis de 11.000 fotografías tomadas durante a Guerra Civil española, entre 1936 e 1939, están xa dispoñibles en internet grazas á dixitalización do arquivo da Biblioteca Nacional Española. A pasada semana, a institución anunciou que poñía a disposición do público estes milleiros de imaxe, que ilustran a narrativa bélica de ambos bandos.

Nestas fotografías da guerra, centos delas recollen escenas que tiveron lugar en Galicia. Ao triunfar rapidamente o golpe de Estado franquista, a maioría de imaxes recollen actos de apoio ao bando nacional, nos que é frecuente a simboloxía fascista e o apoio ao réxime nazi. As obras retratan as visitas dos altos cargos do bando golpista a vilas como Santiago, A Coruña ou Ferrol, desfiles de homenaxe á Falange e escenas da vida cotiá.

Nesta galería podes ver algunhas delas:

Nesta ligazón podes consultar o arquivo da Biblioteca Nacional, introducindo no buscador as palabras “Guerra Civil Galicia”.

 

 

2 respostas a “A Biblioteca Nacional dixitaliza as fotos da Guerra Civil en Galicia”

  1. Carlos

    Na GZ non se pode falar de guerra civil, pois non houbo enfrentamento de exércitos aqui. O que sí se producíu foi o xenocídio de en torno a 5.000 persoas por parte dos sublevados no golpe militar fallido de 1936, imposto desde 20 de xullo na GZ

  2. María del Carmen Roel

    Cuánto dolor, tendríamos tanto que aprender .Soy Argentina,nieta de gallegos por parte de padre y madre.Mis abuelos ya se habían venido para acá.Pero recuerdo que los familiares venían a Argentina.Mi mayor respeto para ambos .A no olvidar jamás que somos hermanos.Viva España Viva Galicia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.