Formigas podadoras: a división das castas

Formigas podadoras
Formigas cortadoras de follas nun bosque tropical de Costa Rica, durante a noite. A imaxe capta en detalle catro castas facendo as súas tarefas asignadas: as obreiras que fan os cortes nas follas, as portadoras que levan os pedazos de follas de volta ao niño, os pequenos observadores que vixían ás moscas parasitarias e os grandes soldados de garda, todo en perfecto detalle e contraste. A imaxe foi tomada por Bence Máté (Hungría) e gañou en 2010 o afamado Wildlife Photo of the Year. Hoxe forma parte do libro “50 years of Wildlife Photographer of the Year”, que este mes de setembro vén de publicar o National History Museum de Londres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os osos pardos tamén son fotoxénicos

Zack Clothier gaña o premio Wildlife Photographer of the Year do Museo de Historia Natural de Londres por unha imaxe nun bosque de Montana

Este encontro de dous ratos no metro gaña o premio mundial Wildlife

O fotógrafo Sam Rowley recibiu o galardón do público no certame que organiza o Museo de Historia Natural de Londres por unha foto nunha estación da cidade

A foto gañadora (e outras 20 fermosas imaxes) do Wildlife Photographer of the Year

O concurso de natureza máis importante do mundo deu a coñecer as mellores fotos de 2018

Descualifican ao gañador dun concurso de fotografía por empregar un animal disecado

Un equipo de científicos consultados polo xurado do Wildlife Photographer of the Year conclúe que se empregou un oso formigueiro disecado