Ondas de estorniños: un espectáculo no ceo escocés

Estorniños
Un dos grandes espectáculos da vida salvaxe que se poden contemplar no norte de Europa son as reunións de centos de miles de estorniños durante os crepúsculos de inverno. O escenario desta imaxe, tomada por Danny Green (Reino Unido),  é Gretna Green, en Escocia. Green puido captar o momento no que a enorme bandada de estorniños forma o que semella unha grande onda no ceo para tentar, coas súas manobras, esquivar os ataques dun falcón. Green gañou con esta imaxe o afamado Wildlife Photographer of the Year, no ano 2009. Hoxe forma parte do libro “50 years of Wildlife Photographer of the Year”, que este mes de setembro vén de publicar o National History Museum de Londres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os osos pardos tamén son fotoxénicos

Zack Clothier gaña o premio Wildlife Photographer of the Year do Museo de Historia Natural de Londres por unha imaxe nun bosque de Montana

Este encontro de dous ratos no metro gaña o premio mundial Wildlife

O fotógrafo Sam Rowley recibiu o galardón do público no certame que organiza o Museo de Historia Natural de Londres por unha foto nunha estación da cidade

A foto gañadora (e outras 20 fermosas imaxes) do Wildlife Photographer of the Year

O concurso de natureza máis importante do mundo deu a coñecer as mellores fotos de 2018

Descualifican ao gañador dun concurso de fotografía por empregar un animal disecado

Un equipo de científicos consultados polo xurado do Wildlife Photographer of the Year conclúe que se empregou un oso formigueiro disecado