Lúas potencialmente habitables

luas habitables
Créditos da imaxe: investigación e compilación – René Heller (McMaster Univ.) et al. Paneis – NASA/JPL/Space Science Institute/Ted Stryk.

Explicación: para os astrobiólogos, estas poden ser as catro lúas máis prometedoras do noso Sistema Solar. Amosadas á mesma escala, a súa exploración por sondas espaciais interplanetarias introduciu a idea de que non só os planetas, senón tamén as lúas, poderían ter contornos compatibles coa vida. A misión Galileo cara Xúpiter descubriu o océano global de auga líquida por baixo da superficie de Europa e indicios dos mares interiores de Ganímedes. En Saturno, a sonda Cassini detectou fontes de xeo de auga en erupción desde Enceladus que apuntan a auga por baixo da superficie máis quente aínda que a pequena lúa, así coma os lagos superficiais de hidrocarburos glaciais pero aínda líquidos atopados por baixo da densa atmosfera da gran lúa Titán. Ollemos agora máis alá do Sistema Solar; novas investigacións suxiren que as exo-lúas grandes poderían realmente superar en número aos exoplanetas situados en zonas habitables da súa estrela. Iso faría das lúas a clase máis común de mundo habitable do Universo.

NOTA: gustas da astronomía? A finais de setembro, AstroBiocos 2014, para iniciarte na astronomía ou aprender máis ou compartir con outros afeccionados.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo