Despois de anos de ensaios e fracasos, a compañía SpaceX logrou por fin aterrar un foguete non tripulado, o Falcon-9, tras despagar e soltar varios satélites no espazo. A fazaña supón todo un fito na reutilización de foguetes, un avance que axudará a reducir os custos dos lanzamentos e o problema do lixo espacial.
O foguete Falcon-9 da empresa aeroespacial estadounidense SpaceX despegou este luns desde Cabo Cañaveral, deixou once satélites no espazo e volveu a aterrar sen novidade en terra. O logro considérase todo un fito no camiño cara á reutilización dos lanzadores e a redución dos custos das operacións espaciais, especialmente desde o ámbito privado. “Benvido de volta, baby!,” tuiteó o presidente da compañía, Elon Musk, tras o éxito desta misión, denominada ORBCOMM-2.

A nova tecnoloxía permitirá reducir lixo espacial e é máis barata que os transbordadores

O voo de Falcon-9, que mide uns 68 metros de altura, durou uns 10 minutos. Durante ese tempo entregou os satélites de comunicacións, alcanzou o 200 km de altura, regresou e descendeu ata depositarse de forma vertical nunha plataforma de aterraxe situada a case 10 km ao sur da do lanzamento. A emoción e as mostras de xúbilo desbordouse na estación de seguimento en terra.
A fazaña da operación chega despois dos fracasos deste ano, un en xaneiro, cando o foguete aterrou de forma accidentada por diversos fallos; e a outra en xuño, que foi moito peor, xa que explotou tras o despegamento mentres levaba ao cargueiro Dragon con subministracións para a Estación Espacial Internacional (ISS).
SpaceX ten un contrato de 1.600 millóns de dólares coa NASA para fornecer material á ISS, un encargo que se verá reforzado co éxito desta semana. O obxectivo da compañía é revolucionar a industria dos lanzadores, que ata agora perdeu millóns de euros nas pezas e maquinaria que se descartan tras cada lanzamento.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.