Éxito da nave Orion para viaxar a Marte

A NASA ven de lanzar dende Cabo Canaval (EUA) a nave Orion, un prototipo destinado a transportar ata catro astronautas máis alá da órbita terrestre. Nesta primeira viaxe de proba, de catro horas e media, non levaba persoas, pero o obxectivo é facelo en futuras misións de exploración espacial, incluíndo a visita a un asteroide e eventualmente a Marte. "É un paso crítico na viaxe a Marte", destaca a axencia espacial estadounidense, que planea enviar humanos a ao planeta vermello na década de 2030 e, antes, a un asteroide sobre 2025 para recoller mostras. O voo de proba de Orión de hoxe axudará a desenvolver a tecnoloxía necesaria para estes grandes retos. Trátase da primeira misión dende a serie Apolo que leva unha nave espacial construída para enviar persoas ao espazo profundo, e tamén a primeira vez que se proban as naves espaciais de nova xeración da NASA.
A NASA ven de lanzar dende Cabo Canaval (EUA) a nave Orion, un prototipo destinado a transportar ata catro astronautas máis alá da órbita terrestre. Nesta primeira viaxe de proba, de catro horas e media, non levaba persoas, pero o obxectivo é facelo en futuras misións de exploración espacial, incluíndo a visita a un asteroide e eventualmente a Marte. “É un paso crítico na viaxe a Marte”, destaca a axencia espacial estadounidense, que planea enviar humanos a ao planeta vermello na década de 2030 e, antes, a un asteroide sobre 2025 para recoller mostras. O voo de proba de Orión de hoxe axudará a desenvolver a tecnoloxía necesaria para estes grandes retos. Trátase da primeira misión dende a serie Apolo que leva unha nave espacial construída para enviar persoas ao espazo profundo, e tamén a primeira vez que se proban as naves espaciais de nova xeración da NASA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo