Estoura o foguete espacial privado de SpaceX

O foguete espacial SpaceX Falcon 9 estalou este domingo poucos minutos despois de despegar dende Cabo Canaval, en Florida. A nave, que non levaba tripulación, transportaba máis de dúas toneladas de material para abastecer a Estación Espacial Internacional. Tamén 280 experimentos científicos, entre eles 30 deseñados por escolares, nun programa educativo. Segundo un comunicado, a NASA amósase "decepcionada pola perda da misión" pero asegura que os astronautas da Estación Espacial Internacional (EEI) contan con subministracións dabondo para os próximos meses. Space X é a primeira compañía privada estadounidense que logra un contrato co goberno norteamericano para realizar este tipo de operacións e ten previsto lanzar unha misión tripulada en 2017. O accidente deste domingo é o terceiro que sofre este ano.
O foguete espacial SpaceX Falcon 9 estalou este domingo poucos minutos despois de despegar dende Cabo Canaval, en Florida. A nave, que non levaba tripulación, transportaba máis de dúas toneladas de material para abastecer a Estación Espacial Internacional. Tamén 280 experimentos científicos, entre eles 30 deseñados por escolares, nun programa educativo. Segundo un comunicado, a NASA amósase “decepcionada pola perda da misión” pero asegura que os astronautas da Estación Espacial Internacional (EEI) contan con subministracións dabondo para os próximos meses. Space X é a primeira compañía privada estadounidense que logra un contrato co goberno norteamericano para realizar este tipo de operacións e ten previsto lanzar unha misión tripulada en 2017. O accidente deste domingo é o terceiro que sofre este ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Todo o que debes saber sobre a próxima misión á Lúa de Artemis II: tripulación, fases e obxectivos

A NASA enviará catro astronautas a bordo da nave espacial Orión durante 10 días para sentar as bases das primeiras expedicións tripuladas a Marte

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

Que gañamos aínda que o gran foguete Starship non nos leve a Marte?

Viaxar de Madrid a Tokio en menos de dúas horas non é fantasía e as viaxes espaciais para todos os públicos, tampouco

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural