Estas son as imaxes da amaraxe da misión da NASA tras o seu regreso anticipado á Terra

A tripulación da Crew-11 completou un descenso histórico tras cinco meses na Estación Espacial Internacional, activado de xeito preventivo por un problema de saúde dun dos tripulantes

Cinco meses despois do seu lanzamento, a tripulación da misión Crew-11 da NASA viuse obrigada a iniciar o seu regreso á Terra o mércores 14 de xaneiro debido a un problema médico que afectou a un dos seus integrantes. Trátase da primeira evacuación preventiva dunha tripulación dende a Estación Espacial Internacional (ISS) á Terra na historia. A amaraxe, realiza fronte á Costa de San Diego ás 9:41 horas (hora española) a bordo da cápsula Crew Dragon Endeavour, puxo fin a unha viaxe de regreso que durou arredor de dez horas. Todo o proceso foi retransmitido pola NASA a través da rede social X, Amazon Prime e a canle oficial de YouTube da axencia.

A bordo da nave viaxaban Michael Fincke e Zena Cardman, astronautas da NASA, o ruso Oleg Platonov, e o xaponés Kimiya Yui. Porén, a axencia espacial estadounidense non revelou nin a identidade nin os detalles do astronauta afectado, aínda que confirman que o tripulante se atopa estable e que a decisión de adiantar o regreso se tomou por precaución, segundo explicou o administrador da NASA, Jared Isaacman.

Publicidade

O descenso comezou tras o peche da escotilla ás 22:00 horas, nunha operación que tamén foi retransmitida en directo. Tanto a amaraxe como a posterior recuperación da cápsula desenvolvéronse con total normalidade, nun océano en calma e cun equipo de rescate que mesmo facía bromas coa posibilidade de que golfiños se achegasen á nave. Este instante é o que se recolle no GIF. Uns 30 minutos máis tarde, a cápsula foi situada na plataforma de rescate para o seu traslado a porto.

O regreso da tripulación estaba inicialmente previsto para despois da chegada da misión Crew-12, cuxo lanzamento se agardaba para mediados de febreiro, aínda que nas actuais circunstancias podería adiantarse.

Publicidade


Podes ver a amaraxe de Crew-11 na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo