Jarira, un novo lince ibérico, localizado e retratado

Técnicos da Consejería de Agricultura e do proxecto Life+Iberlince, que ten como obxectivo a recuperación da distribución histórica do lince ibérico en España e Portugal, lograron localizar e fotografar un novo exemplar de lince ibérico na provincia de Ciudad Real. Segundo informou o Goberno de Castilla-La Mancha nun comunicado, o exemplar foi localizado na parte occidental de Serra Morena. Trátase de Jarira, unha femia nacida en 2012 na área de Cardeña (Córdoba) e que agora se estableceu nesta zona. Con Jarira son xa seis os linces ibéricos que foron avistados ou fotografados dende o ano 2011 en Ciudad Real, provincia que historicamente contaba con presenza habitual de lince ibérico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Oito especies que xa desapareceron en Galicia

As listaxes de taxóns extintos constatan a desaparición do lince ibérico, a pita do monte, a cabra montesa galega ou o esturión

Morren os cachorros de ‘Nenúfar’, a lince morta a tiros por un cazador

A Xunta de Castela-A Mancha vai presentarse como acusación particular contra o autor dos disparos que acabaron coa vida desta familia felina

Unha familia de Alicante descobre que ten Ataxia da Costa da Morte

Os afectados, orixinarios de Albacete, deron conta de posibles casos na familia que se remontan seis xeracións atrás, ata o ano 1841

A viaxe de Kentaro, o lince que correu 3.000 kms ata Galicia

O exemplo deste lince morto atropelado en 2016 inspira un proxecto para crear 12 'autoestradas salvaxes' para a fauna