Esta cousa é o virus da gripe

Modelo 3D do virus da gripe.
Modelo 3D do virus da gripe.
Este é o mellor retrato xamáis feito dun incómodo hóspede que xa comeza a visitarnos este ano. Ilustradores biomédicos da compañía rusa Visual Science, co asesoramento de investigadores do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC), crearon "o modelo 3D científicamente máis preciso do virus da gripe". Trátase do primeiro modelo tridimensional do influenzavirus A subtipo H1N1, máis coñecido como A/H1N1, un dos máis comúns e letais do mundo. As diferentes cepas do virus da gripe que van xurdindo ao longo do tempo difiren principalmente por dúas proteínas da súa superficie, que acumulan cambios mutacionais moi rapidamente, aumentando así a diversidade do microorganismo e complicando o seu tratamento cos antivirais e vacinas que os expertos recomendan aplicar cada ano. O virión ou partícula viral ten un diámetro de entre 80 e 120 nanómetros, cun aspecto xeralmente esférico. A súa forma vén determinada por unha capa de proteína matriz, que actúa como compoñente estrutural baixo da membrana, servindo de enlace entre as proteínas superficiais e o xenoma do interior. Na membrana hai dous tipos de proteínas: a hemaglutinina, que se une aos receptores da célula para que as membranas viral e celular se fusionen e poida penetrar o xenoma vírico dentro do citoplasma; e a neuraminidasa, que axuda aos virións recén formados a separarse da membrana da célula hóspede para saír e buscar novas 'vítimas'. Tamén se atopan aquí as canles proteicas (M2) que resultan cruciais cando o virus se 'desempaqueta', ademais de compostos lipídicos roubados á célula hóspede cando o patóxeno emerxe por xemación. Dentro do virón está o seu xenoma, constituído por oito moléculas de ARN de varias lonxitudes, que se asocian a filamentos de nucleoproteínas para formar grandes espirais. Ademais aparece o complexo da polimerasa, unha encima que axuda a xerar novas copias do ARN, algúns dos cales se utilizan para fabricar máis proteínas virais e outras se empaquetan en novos virus.
Este é o mellor retrato xamáis feito dun incómodo hóspede que xa comeza a visitarnos este ano. Ilustradores biomédicos da compañía rusa Visual Science, co asesoramento de investigadores do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC), crearon “o modelo 3D científicamente máis preciso do virus da gripe”. Trátase do primeiro modelo tridimensional do influenzavirus A subtipo H1N1, máis coñecido como A/H1N1, un dos máis comúns e letais do mundo. As diferentes cepas do virus da gripe que van xurdindo ao longo do tempo difiren principalmente por dúas proteínas da súa superficie, que acumulan cambios mutacionais moi rapidamente, aumentando así a diversidade do microorganismo e complicando o seu tratamento cos antivirais e vacinas que os expertos recomendan aplicar cada ano. O virión ou partícula viral ten un diámetro de entre 80 e 120 nanómetros, cun aspecto xeralmente esférico. A súa forma vén determinada por unha capa de proteína matriz, que actúa como compoñente estrutural baixo da membrana, servindo de enlace entre as proteínas superficiais e o xenoma do interior. Na membrana hai dous tipos de proteínas: a hemaglutinina, que se une aos receptores da célula para que as membranas viral e celular se fusionen e poida penetrar o xenoma vírico dentro do citoplasma; e a neuraminidasa, que axuda aos virións recén formados a separarse da membrana da célula hóspede para saír e buscar novas ‘vítimas’. Tamén se atopan aquí as canles proteicas (M2) que resultan cruciais cando o virus se ‘desempaqueta’, ademais de compostos lipídicos roubados á célula hóspede cando o patóxeno emerxe por xemación. Dentro do virón está o seu xenoma, constituído por oito moléculas de ARN de varias lonxitudes, que se asocian a filamentos de nucleoproteínas para formar grandes espirais. Ademais aparece o complexo da polimerasa, unha encima que axuda a xerar novas copias do ARN, algúns dos cales se utilizan para fabricar máis proteínas virais e outras se empaquetan en novos virus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.