Hai tres anos, o 6 de agosto de 2012, o rover Curiosity da NASA aterrou sobre a superficie de Marte. Dende entón, e ao longo de case 11 quilómetros, non deixou de tomar datos cos seus dez instrumentos, un deles español: a estación ambiental REMS. Entre os descubrimentos da misión destaca a confirmación de que Marte tivo ingredientes esenciais para a vida, como auga -que discorría por antigas canles-, nitróxeno, osíxeno e carbono, ademais de atopar compostos orgánicos nas rochas. Curiosity tamén detectou metano na fina atmosfera marciana, e uns niveis de radiación que supoñen un risco para as tripulacións que se preparan para viaxar ao planeta vermello. De momento o rover segue operando no cráter Gale.

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble
O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027
A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.