O colisionador de protóns LHC tivo que atrasar a súa posta en marcha por un curtocircuíto intermitente nun dos grandes imáns que forman parte desta grande infraestrutura científica. O reinicio, tras dous anos de inactividade, terá unha demora de “entre uns poucos días e unhas semanas” segundo fontes do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN). O segundo período de operación ou Run 2 prolongarase ao longo dos próximos tres anos. O LHC é o acelerador de partículas máis grande e potente do mundo, un anel xigantesco de 27 quilómetros que foi reparado e actualizado dende principios de 2013, cando finalizou o seu Run 1, unha etapa na que se descubriu o famoso bosón de Higgs. O LHC traballará a temperaturas próximas ao 0 absoluto e a 13 TeV, o dobre de enerxía que na primeira etapa.
O festival acollerá por primeira vez en Galicia unha iniciativa que aposta por achegar a investigación á sociedade a través das palabras de trece investigadores nacionais e internacionais
Equipos da UDC e o IGFAE da USC toman parte no desenvolvemento do proxecto, que se centra no estudo das ‘partículas de vida longa’ e a detección de 'sectores escuros'
A investigadora publicou máis de 500 artigos científicos e participa na avaliación de programas de física de partículas a nivel internacional e da Comisión Europea
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.