Como afectará á Terra a maior labarada solar desta década?

Labarada solar detectada o pasado mércores.
Labarada solar detectada o pasado mércores.
Labarada solar detectada o pasado mércores.

Este mércores o Sol emitiu unha das labaradas máis potentes dos últimos anos, catalogada dentro da clase X9, unha das maiores na escala que mide a intensidade destas fulguracións. Os científicos seguen de preto a radiación e posibles emisións de masa coronal asociadas ao fenómeno, xa que poderían afectar nos próximos días ás comunicacións, ademais de producir auroras boreais en latitudes máis baixas do habitual.

O Sol emitiu este 6 de setembro dúas potentes labaradas solares, cun primeiro pico de radiación ás 11:10 h (hora peninsular española) e outro, moito máis intenso, ás 14:02 h. O satélite Solar Dynamics Observatory (SDO) da NASA e outros instrumentos captárono dende o espazo.

Publicidade

As labaradas ou fulguraciones solares son poderosos refachos de radiación que aumentan repentinamente o brillo dunha rexión da atmosfera do Sol. Esa radiación non pode atravesar a atmosfera da Terra e afectar fisicamente os seres humanos, pero cando é dabondo potente pode perturbar a capa atmosférica por onde viaxan os sinais de comunicacións (as de radio, sobre todo) e GPS.

Os expertos clasificaron a primeira labarada do tipo X2.2 e a segunda como X9.3. As de clase X son as que presentan picos de fluxo (en watts por metro cadrado, W/m2) máis potentes. O resto son as clases A, B, C e M. O número que segue a cada letra fai referencia á súa intensidade, de tal forma que unha X2 é dúas veces máis intensa que unha X1, unha X3 é tres veces máis intensa, etc.

170907_llamarasolar_nasaSDO3

A labarada X9.3 foi a máis grande rexistrada no actual ciclo solar, un período de aproximadamente 11 anos durante o cal a actividade do Sol sobe e baixa. O actual ciclo solar comezou en decembro de 2008, e agora está a diminuír en intensidade, dirixíndose cara ao mínimo solar. Nesta fase as fulguracións deberían ser cada vez máis raras no Sol, pero a historia e os últimos exemplos demostraron que poden xurdir algunhas moi potentes.

Nas vindeiras datas podería haber auroras boreais en latitudes máis baixas

Os satélites detectaron que as dúas labaradas desta semana saíron dunha rexión activa do Sol etiquetada como AR 2673, onde tamén se produciu outra de clase M5.5 o pasado 4 de setembro. Neste caso confirmouse unha emisión de masa coronal asociada ao fenómeno, polo que os expertos están pendentes dos seus posibles efectos na magnetosfera terrestre en forma de tormentas geomagnéticas, do mesmo xeito que farán coa X9.3.

Para seguir os efectos das últimas labaradas solares sobre a Terra, a NASA recomenda visitar a web do Centro de Predición do Tempo Espacial da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA), a fonte oficial do goberno estadounidense para prognósticos meteorolóxicos, espaciais, alertas e avisos. Desde España os seus datos recólleos o Servizo Nacional de Meteoroloxía Espacial (SeNMEs) e a Asociación Española de Protección Civil para o Clima Espacial (AEPCCE).

O centro estadounidense tamén proporciona previsións sobre as auroras boreais que se prevé que xere a potente labarada solar no noso planeta durante os próximos días. Segundo as previsións, estas espectaculares ‘luces do norte’ poderíanse chegar a ver en latitudes máis baixas do habitual, incluíndo os estados do norte de EE UU e Europa.

Ata agora a labarada solar máis potente xamais rexistrada foi a do 4 de novembro de 2003, cando se detectou unha explosión tan colosal que alcanzou a categoría X28, que desde entón encabeza a lista destas xigantescas explosións solares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.