Chega o máximo espectáculo das Perseidas

A Lúa estará en fase minguante e favorecerá a observacion do fenómeno provocado polos refugallos do cometa 109P/Swift-Tuttle

A choiva de estrelas das Perseidas chega ao seu máximo espectáculo nas noites do 11 ao 12 e do 12 ao 13 de agosto. Todos os anos, entre finais de xullo e finais de agosto, a Terra cruza os restos do cometa Swift-Tuttle, o que provoca que multitude de partículas, denominadas meteoroides, choquen contra a atmosfera. Conforme o noso planeta se vai internando nesta nube de meteoroides a actividade das perseidas -denominadas así porque parecen irradiar da constelación de Perseo– aumenta.

Esta chuvia de ‘estrelas fugaces’ adoita aparecer en torno á festividade de San Lorenzo (10 de agosto), polo que tamén son chamadas ‘bágoas de San Lorenzo‘. Este ano a Lúa estará en fase minguante, con só o 44 por cento do seu brillo, o que facilitará a observación.

Publicidade

As chamadas chuvias de estrelas prodúcense cando a Terra pasa a través do regueiro de partículas que os cometas deixan tras de si ao moverse arredor do Sol. No caso concreto das Perseidas, o cometa proxenitor é o 109P/Swift-Tuttle, descuberto en 1862 dende Estados Unidos por Lewis Swift e Horace Parnell Tuttle case de xeito simultáneo. Pouco despois, o astrónomo italiano Giovanni Schiaparelli foi quen advertiu da súa relación coas Perseidas. O Swift-Tuttle describe a súa órbita en pouco máis de 135 años, e foi en decembro de 1992 cando pasou por última vez polas cercanías do Sol.

A maioría dos meteoroides que as orixinan son tan pequenos como un gran de area, e cando se cruzan co noso planeta impactan contra a atmosfera a máis de 210.000 quilómetros por hora. Nestes fragmentos o choque produce un aumento de temperatura de ata 5.000 graos nunha fracción de segundo, o que fai que se desintegren e emitan o escintileo de luz que recibe o nome de meteoro ou estrela fugaz.

Publicidade

Esta desintegración acontece a grande altura, normalmente entre os 80 e 100 quilómetros sobre o nivel do solo. As partículas máis grandes (do tamaño dun chícharo ou maiores) poden producir estrelas fugaces moito máis brillantes que reciben o nome de bólidos.

Para gozar das perseidas non é preciso utilizar telescopios nin ningún outro tipo de instrumento óptico. Só é necesario observar o ceo dende algún lugar o máis escuro posible e lonxe da contaminación lumínica das cidades. O mellor é colocarse preferentemente deitado mirando cara arriba e cara ao Leste.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía