Chega a choiva de estrelas das Oriónidas, os restos do cometa Halley

Chuvia de estrelas sobre o Monte Shasta (California).
Chuvia de estrelas sobre o Monte Shasta (California).
Chuvia de estrelas sobre o Monte Shasta (California).
Chuvia de estrelas sobre o Monte Shasta (California).

Esta fin de semana poderase ver no ceo a choiva de estrelas Oriónidas. Trátase de restos que deixou o famoso cometa Halley, que visita a Terra cada 76 anos. A última vez que pasou foi en 1986 e espérase que volva no 2061.

Co ceo despexado e sen contaminación lumínica, nas noites do 21 e o 22 outubro poderán observarse no ceo ata 20 meteoritos por hora, que en ocasións tomarán cor verde ou amarela. Os ceos despexados van acompañar a observación en boa parte  de Galicia. Ademais, a visibilidade será mellor, polo feito de que a Lúa vén de superar a fase de nova, e o seu resplandor non dificultará a visión.

Publicidade

O mellor, segundo especialistas, é ver o fenómeno sen ningún instrumento, xa que o importante é poder cubrir un espazo amplo de ceo coa mirada. O máis acaído é buscar un lugar aberto e se é posible apartado das grandes cidades, onde haxa a menor iluminación artificial posible. En menos de media hora, os ollos estarán axustados á falta de luz e a visión será máis doada.

Estes meteoros viaxan a máis de 66 quilómetros por segundo, segundo explica na súa weba a NASA. Trátase dos meteoros máis rápidos, detrás das Leónicas que xeralmente se observan en novembro. Estes meteoros veloces teñen tendencia a estalar, polo que en ocasións os seus restos incandescentes poden verse durante algúns minutos.

E para recordar como viviu Galicia o paso do Halley, aquí está a nosa reportaxe da serie Historias GC:

historias-gc/cometa-halley-galicia/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.