Chega a choiva de estrelas das Delta Acuáridas

A coincidencia co novilunio fará máis doada a observación pola escuridade da bóveda celeste

Xa está aquí a choiva de estrelas das Delta Acuáridas, que este verán serán o espectáculo astronómico dos ceos galegos xa que será máis complicado contemplar as Perseidas, que terán o seu máximo o 12 de agosto, e que neste ano 2019 coinciden cunha poderosa luz da Lúa, xa que o plenilunio vai producirse o 15 de agosto.

As Delta Acuáridas serán a mellor oportunidade para ver unha choiva de estrelas este verán. Aínda que estes meteoros son visibles desde o 12 de xullo ata o 23 de agosto, o mellor momento para contemplalos é a finais de xullo, sobre todo na noite do 29 ao 30.

Publicidade

Este ano as Delta Acuáridas chegan nunha situación excepcional, xa que no seu momento de apoxeo a Lúa estará case en fase nova, proporcionando un ceo máis escuro que facilitará a súa observación. En ceos escuros e sen contaminación lumínica poderán verse ata 20 meteoros por hora.

Outros espectáculos do ceo nocturno este verán serán, para os amenceres, os planetas Venus e Mercurio (este último só en agosto). Durante os atardeceres poderemos ver Xúpiter, Saturno e Marte (este último só foi visible ata mediados de xullo).

Publicidade

Tamén poderemos ver unha aliñación Xúpiter-Lúa-Saturno entre o 9 e o 13 de agosto e do 5 ao 8 de setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados