Catro flamengos aterran na ría de Vigo

As aves elixiron as Salinas do Ulló (Vilaboa) para beber auga, sen saber que estaban a ser inmortalizadas en cámara

As Salinas do Ulló gardaban un segredo: a aparición de catro flamengos na ría de Vigo. O usuario Jose Lorenzo Valdivia compartía no seu perfil de Facebook a presenza destas aves no concello de Vilaboa. Ao mesmo tempo, aproveitaba para capturar fotografías dos exemplares bebendo a auga das salinas.

O complexo salineiro histórico deixou de fabricar sal a principios da década de 1720. Agora, con dous estanques rectangulares contiguos, están incluídas dentro da Rede Natura 2000 como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais da Unión Europea.

Publicidade

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Un novo proxecto científico busca recuperar a comercialización da volandeira na ría de Vigo

O estudo VOLARIA do IEO-CSIC investigará as causas biolóxicas e ambientais da acumulación de elevados niveis de chumbo no bivalvo

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país