Auga líquida salgada en Marte

Cada verán marciano aparecen uns misteriosos fluxos lineais avanzando polas ladeiras do planeta vermello, para esvaecerse despois cando chegan as estacións frías. Agora os datos da nave Mars Reconnaissance Orbiter da NASA permitiron confirmar a presenza de sales hidratadas nesas zonas, o que suxire a existencia de auga líquida salobre baixo a superficie e un ambiente máis propicio para a vida. Estes estraños fluxos, denominados "liñas de ladeira recorrentes" (RSL) son alargadas, miden uns cinco metros de ancho e desaparecen nos períodos máis fríos. A hipótese que expuñan ata agora os científicos é que estas formacións xéranse pola presenza estacional de auga líquida salobre, pero a resolución das imaxes dispoñible ata a data non permitía detectar nin sales nin auga. Pero esta semana publícase na revista 'Nature Geoscience' un estudo que achega unha proba importante. Porque os datos espectrométricos confirmaron a presenza de sales hidratadas, como percloratos e  cloratos, nos noiros onde se observou a actividade das misteriosas liñas RSL. Foto: NASA.
Cada verán marciano aparecen uns misteriosos fluxos lineais avanzando polas ladeiras do planeta vermello, para esvaecerse despois cando chegan as estacións frías. Agora os datos da nave Mars Reconnaissance Orbiter da NASA permitiron confirmar a presenza de sales hidratadas nesas zonas, o que suxire a existencia de auga líquida salobre baixo a superficie e un ambiente máis propicio para a vida. Estes estraños fluxos, denominados “liñas de ladeira recorrentes” (RSL) son alargadas, miden uns cinco metros de ancho e desaparecen nos períodos máis fríos. A hipótese que expuñan ata agora os científicos é que estas formacións xéranse pola presenza estacional de auga líquida salobre, pero a resolución das imaxes dispoñible ata a data non permitía detectar nin sales nin auga. Pero esta semana publícase na revista ‘Nature Geoscience’ un estudo que achega unha proba importante. Porque os datos espectrométricos confirmaron a presenza de sales hidratadas, como percloratos e cloratos, nos noiros onde se observou a actividade das misteriosas liñas RSL. Foto: NASA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Por que as choivas previstas serán insuficientes para acabar coa seca en Galicia: “A situación xa é moi severa”

A secura prolongada fai que o solo perda a capacidade de absorber auga, o que provoca escorreduras ante episodios intensos de chuvia