Así se viu a efémera eclipse de Lúa desde Valdoviño

O fotógrafo César Galdo recolleu o fenómeno, pouco perceptible e que durou apenas uns minutos, na mañá desde venres desde a costa ferrolá

É a eclipse parcial de Lúa máis longa desde o século XV e non volverá haber outra da mesma duración ata o século XXVII. En América, o Pacífico e parte de Asia poden gozala no seu esplendor, co satélite acadando durante horas un fascinante ton avermellado.

En Europa apenas se puido albiscar, e onde resultou posible, ocultación foi escasa e efémera. É o caso de Galicia, que tivo o ‘privilexio’ desta vez de poder gozala durante apenas uns minutos, antes de que a Lúa marchase baixo o horizonte. E había xente atenta para captar o fenómeno.

Publicidade

É o caso do fotógrafo César Galdo, que desde Valdoviño, apuntando cara ao faro da Punta Frouxeira, seguiu a eclipse parcial ata que a Lúa se ocultou. Foi complicado rexistrar o fenómeno, segundo explica, porque “desde un ángulo tan baixo a calor que desprende a terra e a polución da propia atmosfera difuminan todo o detalle da imaxe, e máis aínda se se usan lentes de tanta focal”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación

Conta atrás para a gran cita coa eclipse total en Galicia: “Non volveremos ver algo así na nosa vida”

Unha cobertura do 99% ou do 100% do Sol marca a diferenza entre unha simple diminución da luz e a aparición da coroa solar e da escuridade

A eclipse do 12 de agosto converterá a natureza nun gran laboratorio para estudar a reacción dos animais

O Proxecto TriEclipse, coordinado polo documentalista Angel García-Rojo, busca investigar o comportamento da fauna en todo o territorio nacional no que se acade máis dun 98% de escuridade