Unha plantación de eucaliptos na praza do Obradoiro

Plantación simbólica de eucaliptos na praza de Compostela. Foto: Adega.
Plantación simbólica de eucaliptos na praza de Compostela. Foto: Adega.

Eucaliptos no medio do gran monumento en pedra de Galicia: a praza do Obradoiro. Así foi a protesta que, con motivo do Día da Terra, celebrou o movemento “Cousa de Raíces”, xunto coa Asemblea  contra a eucaliptización de Compostela. Centos de persoas participaron na iniciativa, que engadiu un chisco de sarcasmo á denuncia da importante presenza desta árbore en Galicia, onde xa ocupa o 17 por cento do territorio, con máis de medio millón de hectáreas de extensión.

A asociación ecoloxista Adega destacou que esta performance ten como obxectivo “promover a reflexión sobre o desleixo que os nosos montes e agras están a sufrir fronte as plantacións masivas de eucaliptos, moitas delas ilegais, sen que a Administración faga nada por frealas”. Os convocantes quixeron tamén denunciar “a destrución do patrimonio natural e cultural que está a provocar o monocultivo forestal desta especie invasora no noso territorio”.

Publicidade

O eucalipto xa ocupa medio millón de hectáreas en Galicia. O que supón o 17 por cento do territorio galego. E varias organizacións conservacionistas apostan por tomar decisións como en Portugal, que vén de aprobar a chamada ‘reforma da floresta’, un conxunto de 12 medidas para atallar a praga dos incendios forestais no país e para racionalizar as fragas do territorio. As plantacións de eucalipto estarán prohibidas no país veciño ou restrinxidas ata o vindeiro ano 2030. E o eucalipto en Portugal, aínda que moi abundante, só ocupa o 9 por cento do territorio. Oito puntos por baixo de Galicia. O dobre en termos porcentuais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A tala de piñeiros pon en “grave risco” un conxunto de petróglifos en Outeiro de Rei

Dúas asociacións alertan de que a corta de árbores na parroquia de Parada se está a realizar sen medidas de protección patrimonial

Ailanto, estrela de fogo e eucalipto: as 60 especies que ameazan a biodiversidade galega

Un proxecto colaborativo lanzado dende a SGHN reúne datos de máis de 26 autores no 'Atlas da Flora Exótica Invasora' para frear a súa expansión e protexer os ecosistemas

Cada vez hai máis xabarís en Galicia: estas son as causas e a súa relación coa peste porcina

Factores como a perda de depredadores e a actividade humana impulsa a sobrepoboación da especie e aumenta o risco sanitario para a produción galega

Os datos do eucalipto confirman as sospeitas: a moratoria de 2021 causou un ‘efecto chamada’

A polémica especie crece un 6% en dous anos, o dobre do que a Xunta anticipaba para o período 2021-2025