Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

A interpretación dixital e a prosprección arqueolóxica en campo permitiu coñecer máis sobre Castro Valente ou A Cerca, unha fortaleza da época romana dunhas 10 hectáreas situada entre Padrón e A Estrada. Os arqueólogos da Universidade de Santiago de Compostela Mario Fernández-Pereiro e José Carlos Sánchez-Pardo publicaron recentemente, dentro do proxecto Castelos no aire, un artigo que indaga na tipoloxía e técnica construtiva do sistema defensivo de Castro Valente. O interior da muralla está formado por cachotería irregular de granito combinada con pedregullo e terra compactada. Os expertos documentaron unha estructura anexa á muralla, uns 30 cubos que consideron un rara avis nas fortificacións do noroeste peninsular.

Localización do recinto fortificado de Castro Valente no contexto da Depresión Meridiana.
Localización do recinto fortificado de Castro Valente no contexto da Depresión Meridiana.

Tamén, identificaron estruturas pétreas intramuros aínda que polo momento descoñecen a súa funcionalidade. Os descubrimentos aínda non permiten identificar a adscrición cronolóxica de Castro Valente mais os investigadores cren que podería encadrarse no momento próximo ao final do Imperio Romano ata mediados da Alta Idade Media (V-VII) pola presenza de tella romana.

Publicidade

Castro Valente é unha fortificación que se coñece dende o inicio da arqueoloxía galega. Mario Fernández explica que en Galicia existen varios xacementos que están a achegar unha cronoloxía do século V e que revelan como as clases poderosas galaicas reaccionaron á chegada dos suevos. “A novidade do noso estudo é o emprego da metedeoloxía arqueolóxica moderna. Queremos saber como as entidades estatais inflúen na paisaxe, a través destes castelos podemos estudar a evolución na implantación do poder do estado”, alega. Actualmente, Castro Valente está ameazado por unha instalación de catro aeroxeradores, unha subestación e o trazado dunha liña de alta tensión na ladeira do monte.

Na esquerda, localización do Parque eólico no mapa de sombreado (Fonte:INEGA). Na dereita, trazado proxectado da línea eléctrica (Fonte: propio proxecto)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación da USC descobre por primeira vez mercurio nas cerámicas galegas de hai 5.000 anos

Dous estudos científicos revelan que as mostras procedentes do illote de Guidoiro Areoso destacan por presentar os valores máis altos rexistrados na análise

Achada no Castro de Esemelle unha peza dun colar con posible orixe na illa grega de Rodas

A escavación, impulsada pola UDC e o Concello de Ferrol, tamén sacou á luz fragmentos dunha vaixela con decoración sogueada, moi característica da cultura castrexa

O achado de estribos de cabalo achega novas claves sobre a ocupación medieval do xacemento das Torres

A campaña arqueolóxica en Tomiño revela varios elementos metálicos de carácter militar e permite avanzar na cronoloxía e evolución do complexo defensivo

Do túmulo neolítico de Chousa Vella á foxa medieval de Fontenla: un proxecto afina o pasado arqueolóxico de Galicia

Unha investigación da Xunta de Galicia e o Incipit analiza 33 mostras para determinar a súa antigüidade a través da proba do carbono 14