As misteriosas manchas brillantes de Ceres

O que hai unhas semanas parecía un par de manchas brillantes nun cráter de Ceres, agora resulta que son case unha decena: dúas máis grandes e varias pequenas. A maior resolución das imaxes que ven de tomar a sonda Dawn da NASA deste obxecto, o maior do cinto principal de asteroides, revela que hai algo interesante neste pequeno obxecto cósmico. As fotografías captáronse a 13.600 km de distancia entre o 3 e o 4 de maio. Os científicos seguen desconcertados sobre a verdadeira natureza das zonas luminosas, pero avanzan na resolución do misterio: Os investigadores de Dawn sospeitan que o intenso brillo destes puntos "se debe ao reflexo da luz do sol por parte dun material altamente reflectante na superficie, posiblemente xeo", apunta Chris Russell, investigador principal da misión dende a Universidade de California en Los Ángeles (UCLA). Dende o 9 de maio os motores iónicos da nave Dawn impúlsana cara a abaixo. O próximo 6 de xuño situarase a 4.400 km de Ceres, polo que as súas novas imaxes seguro que depararán novas sorpresas.
O que hai unhas semanas parecía un par de manchas brillantes nun cráter de Ceres, agora resulta que son case unha decena: dúas máis grandes e varias pequenas. A maior resolución das imaxes que ven de tomar a sonda Dawn da NASA deste obxecto, o maior do cinto principal de asteroides, revela que hai algo interesante neste pequeno obxecto cósmico. As fotografías captáronse a 13.600 km de distancia entre o 3 e o 4 de maio. Os científicos seguen desconcertados sobre a verdadeira natureza das zonas luminosas, pero avanzan na resolución do misterio: Os investigadores de Dawn sospeitan que o intenso brillo destes puntos “se debe ao reflexo da luz do sol por parte dun material altamente reflectante na superficie, posiblemente xeo”, apunta Chris Russell, investigador principal da misión dende a Universidade de California en Los Ángeles (UCLA). Dende o 9 de maio os motores iónicos da nave Dawn impúlsana cara a abaixo. O próximo 6 de xuño situarase a 4.400 km de Ceres, polo que as súas novas imaxes seguro que depararán novas sorpresas. Foto: NASA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como detectar contaminantes na auga a través de materiais 3D: así é a solución da UDC

Investigadoras do CITENI desenvolven estruturas poliméricas que reteñen substancias nocivas e avalian a calidade do medio acuático

E non podemos aproveitar a auga de tanta chuvia?

As intentas chuvias actuais xeran escorrentías e inundacións que non se aproveitan por falta de infraestruturas e estratexias de captación adecuadas

A revolución silenciosa das traídas veciñais: Pontevedra transforma o abastecemento no rural

Un plan de axudas da Deputación promove a modernización e reforzamento das entidades que xestionan recursos hídricos

A primeira astrónoma galega, Antonia Ferrín Moreiras, dá nome a un asteroide

A Unión Astronómica Internacional homenaxea a primeira doutora da disciplina en España