As mellores imaxes da 14º edición de FotCiencia

‘Atracción digital’, de Antonio Luis Martínez Cano, gañadora na categoría xeral.
‘Atracción digital’, de Antonio Luis Martínez Cano, gañadora na categoría xeral.

A Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) e o CSIC deron a coñecer as imaxes gañadoras da 14ª edición de Fotciencia, un concurso fotográfico que pretende achegar á ciencia á cidadanía mediante unha perspectiva artística e estética. No certame, que conta coa colaboración da Fundación Jesús Serra, participaron un total de 666 imaxes.

De entre todas elas o xurado escolleu como gañadora da categoría xeral a imaxe “Atracción digital“, de Antonio Luis Martínez Cano, que representa o cambio de traxectoria dun pequeno chorro de auga ao entrar en contacto cun dedo.

Publicidade

Ademais, o comité, formado por 11 expertos relacionados coa fotografía, a microscopía e a divulgación científica, seleccionou outras seis imaxes en diversas categorías, que describen algún fenómeno científico. Aquí podes ver algunhas delas:
Resina fosilizada producida por los árboles de coníferas’, de Jùlia Román Márquez.
Resina fosilizada producida por los árboles de coníferas’, de Jùlia Román Márquez.
 ‘Ciudad Futurista’, de Luz Carime Gil Herrera, seleccionada na modalidade Micro.
‘Ciudad Futurista’, de Luz Carime Gil Herrera, seleccionada na modalidade Micro.
Mirada’, de José Vicente Navarro Gascón, seleccionada na modalidade Micro.
Mirada’, de José Vicente Navarro Gascón, seleccionada na modalidade Micro.

As fotografías gañadoras, xunto a outras seleccionadas entre todas as que se presentaron, serán incluídas nun catálogo e formarán parte dunha exposición que percorrerá museos e centros de España ao longo do ano. Neste vídeo pódense ver todas as imaxes premiadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri