Xa están aquí os gañadores do impresionante certame Underwater Photographer of the Year 2017. Que recoñece aos mellores fotógrafos submariños do ano. Aquí tedes unha selección, pero hai preto de mil escollidas na páxina oficial deste concurso para mergullarse na fotografía.
Esta imaxe, titulada ‘Pulpo bailarín’, foi elixida a mellor do ano. Foi tirada polo francés Gabriel Barathieu no arquipélago das Comoras.
Nesta imaxe de Qing Lin vemos tres peixes pallaso xunto a unhas anémonas que manteñen na súa boca a parasitos isópodos.
A mellor foto de naufraxios do ano. Foi captada por Csaba Tökölyi en Anilao, nas illas Filipinas, e o xurado valorou especialmente que transmite unha atmosfera de ‘ciencia-ficción’.
O canadense Tony Myshlyaev tomou esta fotografía que retrata un coruscate cardume aproximándose a un peirao.
‘Balea xorobada alimentándose de krill’, do sudafricano Jean Tresfon, foi unha das finalistas. Cada ano, estes xigantes reúnense en Didade do Cabo para alimentarse preto da costa.
Estas tartarugas verdes semellan voar nas augas azuis. O fotógrafo Greg Lecoeur obtivo unha mención especial no certame grazas a este imaxe.
Cando a candorca entre en acción, os cardumes de peixe saen a lume de carozo. Como nesta imaxe seleccionada do fotógrafo David Alpert.
Preciosas fotos muy hermosas el fondo del mar es increíble las maravillas que oculta gracias