As lentes 3D da barbantesa

Newcastle University research into 3D vision in praying mantises by Dr. Vivek Nityananda. Pic: Mike Urwin. 151015
Newcastle University research into 3D vision in praying mantises by Dr. Vivek Nityananda.

Científicos británicos deseñaron por primeira vez unhas lentes especiais que confirman que a Mantis religiosa usa unha percepción visual en tres dimensións para cazar con eficacia. Os resultados poderán aplicarse posteriormente en robótica, para deseñar máquinas que poidan ver en 3D. Ata agora, a maioría da visión en 3D que coñeciamos era a dos vertebrados. Aínda que o científico Samuel Rossel xa demostrara na década dos 80 a visión tridimensional das barbantesas a través de prismas, un equipo de científicos da Universidade de Newcastle (Reino Unido) desenvolveu agora unhas lentes que amosan que tamén teñen unha visión por estereopse, é dicir que a partir de dúas imaxes o seu cerebro recompón unha tridimensional.

Para o estudo, os investigadores deseñaron especialmente un cinema xunto a unhas lentes 3D que probaron no insecto. Contrariamente aos humanos, que requiren de lentes vermellas e azuis, as barbantesas necesitan unhas azuis e verdes, xa que estes invertebrados distinguen mal a luz vermella.

Publicidade

A partir de agora, o equipo examinará os algoritmos usados para a percepción da profundidade 3D nos insectos para entender mellor como evolucionou a visión humana e para desenvolver novos modos de integrar tecnoloxía 3D en computadores e robots.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Este é o Google Maps do universo que permite explorar o espazo en 3D

A aplicación achega información sobre a localización de cada corpo celeste e datos complementarios distribuídos en nove categorías

O efecto Purkinje, o curioso fenómeno que cambiará as cores durante a eclipse total de Sol

A diminución brusca da luz activa os bastóns da retina e fai que os tons vermellos, laranxas e amarelos se perciban máis escuros

Un equipo da Coruña crea un modelo en 3D para entender a endometriose e mellorar o seu diagnóstico

O obxectivo é comprender as características moleculares da enfermidades para probar novas dianas terapéuticas e identificar biomarcadores que axuden na súa detección

Unha recreación en 3D recupera a desaparecida casa de baños La Concha de Arosa

O CIAG crea unha visualización dixital dun edificio de finais do XIX que funcionou como polo turístico e centro do lecer aristocrático da época ata o seu peche tras a Guerra Civil