Luns 4 Decembro 2023

As formigas poden chegar a morrer se perden o rastro da súa colonia

Desprázanse seguindo o rastro das feromonas que desprenden os exemplares que as preceden porque teñen unha visión extremadamente limitada

Moitas especies de formigas desprázanse seguindo o rastro das feromonas que desprenden os exemplares que as preceden porque teñen unha visión extremadamente limitada ou nula. Trátase dun mecanismo alternativo moi efectivo pero con algunhas fisuras e fallos que poden resultar mortais xa que, en ocasións, entran nunha sorte de bucle coñecido como a espiral da morte.

Esta práctica prodúcese cando rompe a cadea que forman as formigas, xeralmente por algún fenómeno natural como a caída dunha póla ou a formación de charcos de auga. Cando isto se produce, a que marca o ritmo se desorienta, sepárase do rastro principal e comeza a dar voltas en círculos.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As formigas, unha sociedade sen ocio?

O entomólogo Carlos Otero asegura que as formigas obreiras traballan arreo pero que tamén descansan, aínda que cumprindo sempre algunha tarefa

Atopan unha proteína que pode converter as obreiras en ‘raíñas’ nunha especie de formigas

Un estudo describe como determinadas modificacións no cerebro das "Harpegnathos saltator" inducen cambios de roles

Formigas voadoras: a historia detrás do ‘ritual’ nupcial que xorde coas treboadas

Seguro que algunha vez o presenciaches: nos días cálidos e húmidos, con tormentas inminentes, xorden estes insectos con ás. Que hai detrás disto?

Do dragón de Komodo a Atacama: seis lugares sorprendentes nos que a ciencia busca fármacos

Científicos de todo o mundo analizan por todo o planeta compostos presentes en diversas especies con propiedades antibióticas e anticanceríxenas