Identifican a orixe alpina dunha machada de 6.000 anos atopada en Galicia nos anos vinte

A presenza destas pezas suxire que as comunidades neolíticas galegas estiveron en contacto con poboacións emprazadas a miles de quilómetros de distancia

Un equipo investigador da USC e da Universidade de Granada documentaron que unha machada atopada hai case un século na contorna de Monte Aberto-Elviña (A Coruña) e fabricada en xadeíta —rocha de intensa cor verde— ten como orixe xeolóxica máis probable as formacións existentes en Sanfront (Piamonte, Italia). A machada foi atopada nos anos 20 do século pasado por Manuel Lugrís Freire, pai do soado pintor coruñés, quen a depositou nas coleccións da Real Academia Galega, onde se conserva na actualidade. “A presenza destas pezas suxire que as comunidades neolíticas galegas estiveron en contacto con poboacións emprazadas a centenares e mesmo miles de quilómetros de distancia”, explica o profesor da USC, Ramón Fábregas.

Máis de cincuenta anos despois, o arqueólogo Luís Monteagudo fíxose eco deste achado nun artigo no que describiu as súas exploracións da necrópole tumular da Zapateira (A Coruña e Culleredo), levadas a cabo entre os anos 30 e 50 do pasado século.  “Este autor sitúa a orixe arqueolóxica máis probable desta machada nun dos tres túmulos megalíticos existentes na zona de Monte Aberto, hoxe en día totalmente destruídos por un dos ramais de acceso á autovía AC-14”, explica o profesor da USC, Ramón Fábregas. 

Publicidade

A análise mineralóxica e xeoquímica da machada de Monte Aberto-Elviña a través de difracción de Raios X  e de microscopía electrónica de varrido con microsonda de detección de raios X axustada (SEM-EDX), e a súa posterior comparación con mostras xeolóxicas, suxiren que a orixe desta peza estaría nas formacións de xadeíta existentes en Sanfront, dende onde chegaría á capital coruñesa entre 6.500 e 5.500 anos atrás.

A de Monte Aberto-Elviña é a segunda machada de orixe alpina detectada en territorio galego, tras o exemplar de Vilapedre (Lugo), publicado por estes mesmos investigadores en 2021.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Detrás do desabastecemento de fármacos para a menopausa: “Normalizouse ter síntomas terribles”

As xinecólogas galegas Cristina González Cea e Marta Silva analizan a situación, a causa da escaseza e as consecuencias para as pacientes

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX