As cores que cativaron ós sentinelas europeos do espazo

Colouring water
Esta imaxe que semella un cadro impresionista é a fotografía gañadora da competición Sentinel-2 ‘Colour vision’ organizada pola Axencia Espacial Europea (ESA, nas súas siglas en inglés). A foto, titulada ‘Colouring water’, é de Michael Angelo Richardson, de Holanda, e foi premiada pola gran variedade de cores e contrastes que logrou captar na zona boscosa de Delden. Como premio, Michael Angelo visitará o ESOC, o centro de operacións de la ESA en Darmstadt, Alemaña, en calidade de convidado VIP na noite do lanzamiento do satélite Sentinel-2A, o próximo 12 de xuño. Os Sentinel son unha frota de satélites deseñados especificamente para recoller a gran cantidade de datos e imaxes nos que se baseará o programa europeo Copernicus para a observación da Terra. Este novo programa para a monitorización do medio revolucionará como xestionamos os nosos recursos naturais , como entendemos e mitigamos os efectos do cambio climático e mesmo como salvagardamos as nosas vidas. Sentinel-2 transporta unha innovadora cámara multiespectral de alta resolución con 13 canles independentes, que nos ofrecerá unha nova perspectiva do noso planeta e da súa vexetación. A misión está formada por dous satélites, e o primeiro deles é o Sentinel-2A.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo de Copernicus alerta do elevado nivel de ozono troposférico no litoral galego

Vén de publicarse o novidoso informe 'Atmosphere Watch' que analiza a contaminación mundial e mide o impacto dos grandes lumes

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Un mapa europeo alerta da seca extrema e sinala os puntos máis críticos en Galicia

Algunhas das zonas afectadas son Fisterra, Vigo, A Estrada, As Pontes e Valdeorras

Os mapas dos temporais máis extremos de Galicia: Copernicus reconstrúe 80 anos de datos atmosféricos

A ferramenta europea Weather Replay permite analizar episodios históricos mediante simulacións meteorolóxicas interactivas