Divulgare alerta sobre a caída da poboación de abellas e o colapso da polinización

Hai sete anos o Senado dos EUA aprobou de xeito unánime a designación dunha semana, a celebrar durante o mes de xuño, que denominaron como “Semana Nacional dos polinizadores“. Con iso pretendían dar un paso á fronte para abordar, con gran valentía política, o tema urxente da diminución das poboacións de polinizadores.

Xa non resulta descoñecido, para quen queira estar informado, que estamos a enfrontarnos a un problema de dimensións desproporcionadas no que se refire á perda de polinizadores, tamén denominado colapso de polinización. Arredor do 75% dos cultivos vexetais humanos requiren ser polinizados por insectos, principalmente abellas.

Publicidade

O valor económico da polinización suma no mundo ata 100.000 millóns de euros ó ano

Ademais, estímase que o valor económico da polinización a nivel mundial en termos de cultivos para alimento humano oscila entre 45.000-100.000 millóns de euros ao ano. Son cifras nada desprezables como para ignoralas. Non obstante, estamos a asistir, con manifesta impasibilidade, ao declive deste exército de obreiros ambientais. Preto dun terzo das especies de abellóns, por exemplo, encóntranse en perigo de extinción. O uso de pesticidas e herbicidas, a alteración e fragmentación dos ecosistemas ou a propagación de enfermidades pola vía de introdución de especies exóticas forraxeiras son algunhas das causas deste declive. E unha vez máis, os nosos colegas do outro lado do Atlántico tomáronnos a dianteira.

Servizos ó ecosistema

Esta semana dos polinizadores que institucionalizou o Senado de EUA agora é unha celebración internacional, que busca mostrar á sociedade os valiosos servizos ecosistémicos proporcionados polas abellas, bolboretas, escaravellos e outros insectos, moitas aves, e mesmo os morcegos e outros mamíferos. Un dato interesante, que paga a pena subliñar cando se fala de colapso de polinización é que actualmente existen máis de 30.000 especies diferentes de abellas no planeta.

Publicidade

O grupo Divulgare, integrado por científicos da Universidade de Vigo, ven de dedicar a este importante tema un dos seus vídeos. Divulgare suma premios internacionais polos seus traballos de divulgación científica, que colleitan o éxito en certames todo o mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional

Documentadas novas anomalías de coloración en peixes mariños de Galicia e Andalucía

A investigación describe tres exemplares con alteracións pigmentarias e outros tres casos posibles observados na ría de Vigo