A tartaruga Antares parte cara a liberdade

Antares, durante a súa fase de recuperación. Foto: IGAFA.
Antares, durante a súa fase de recuperación. Foto: IGAFA.

O 6 de decembro de 2017, no Vicedo, apareceu atrapada nas redes dun pesqueiro unha tartaruga común. Os tripulantes deron aviso á Rede de Varamentos de Galicia, que se fixo cargo dela. Estaba nunha situación moi delicada, polo que foi preciso reanimala e ingresala na UCI que a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) ten en Nigrán. Puxéronlle de nome Antares, o mesmo do buque en cuxas redes quedou atrapada.

Paseniño, a tartaruga foise recuperando. Gañou consciencia e mobilidade, pero tiña dificultades para comer por si mesma, polo que tivo que ser alimentada por sonda e con medicación, o que lle fixo perder peso.

Publicidade

Debido a que o seu tamaño era xa demasiado grande (71 centímetros) para ser tratada nas instalacións galegas nas circunstancias axeitadas ao seu estado, Antares foi trasladada ás instalacións da Arca del Mar do Oceanográfic de Valencia. Alí, mellorou a súa condición de saúde, recuperando peso, mobilidade, capacidade de mergullo e alimentándose xa por si mesma. Unha vez completada esta fase, xa puido regresar a Galicia. O 6 de xuño chegou ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa.

Aínda que o seu estado xa era bo, houbo que agardar a este mes para liberala coas garantías de que chegue ás augas do Caribe. Nestes meses, co bo tempo, as correntes mariñas dirixen ás tartarugas cara o sur. Pola contra, no inverno, a corrente enviaríaa cara o norte, a zonas onde sería moito máis complicada a súa supervivencia.

Publicidade

Así, Antares vive agora as súas últimas horas antes de saír rumbo cara a liberdade. Mañá partirá desde a costa galega cara o Atlántico para ser liberada nunha zona desde onde a corrente a poida levar ata o Caribe.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

A historia das tartarugas que chegaron a Galicia tras o tren de borrascas e agora regresan ao mar

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños liberará a 'Tanxil' e 'Noetiña' fronte á ría de Vigo na embarcación 'Novo ollo do mar'

‘Mozarrón’ e ‘Pega’, as tartarugas que regresan ao mar tras chegar desnutridas ás costas galegas

A CEMMA devolve ao océano dous espécimes de 'Caretta caretta' despois dunha rehabilitación en augas de 18 a 20 graos