A 'Rosetta' toma unha foto da súa propia sombra

A sombra da Rosetta.
A nave espacial Rosetta fotografou a súa propia sombra proxectada sobre a superficie do cometa 67P, a cuxa órbita chegou o pasado verán. A imaxe tomouna o 14 de febreiro, durante o sobrevoo de máxima aproximación ao obxecto celeste realizado ata o momento, dende unha distancia de seis quilómetros do chan. O aliñamento do cometa, a nave e o Sol provocou a imaxe. A sombra no chan do cometa está borrosa e é maior que a nave, que mide uns dous metros por 32 metros (incluídos os paneis solares estendidos) , debido a que o Sol non é unha fonte puntual de luz, explicou a Axencia Europea do Espazo (ESA). / ESA/ROSETTA/MPS FOR OSIRIS TEAM MPS/UPD/LAM/IAA/SSO/INTA/UPM/DASP/IDA

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Alén Space lidera un proxecto europeo para detectar interferencias de radiofrecuencia dende o espazo

A empresa galega coordina a iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea que terá unha duración de 24 meses

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país