A NASA publica esta espectacular aurora dragón

Un enorme dragón verde no ceo de Islandia. É o que lograron capturar os fotografos Jingyi Zhang & Wang Zheng a principios de mes durante unha espectacular aurora boreal. Segundo explicou a NASA, que difundiu a imaxe na súa sección APOD, o fenómeno con forma de criatura mitolóxica debeuse a “un buraco na coroa solar, que expulsou partículas cargadas polo vento solar e seguiu cun cambiante campo magnético interplanetario ata a magnetosfera da Terra”.

“Cando algunhas desas partículas chocaron coa atmosfera, excitaron átomos que posteriormente emitiron luz: a aurora”, explican.

Publicidade

Segundo a NASA, a persoa que figura parada na neve ao pé do dragón é a nai do autor da foto, que saíu correndo para admiralo.

E aquí podes ler sobre as auroras boreais en Galicia:

Publicidade

Volverán as auroras boreais a Galicia?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que viu o telescopio Hubble o día que naciches? Descúbreo nesta ferramenta da NASA

A axencia espacial estadounidense actualiza a aplicación que permite consultar cinco imaxes en cada día do ano e compartilas en redes sociais

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027