A NASA mostra un adianto das imaxes do telescopio James Webb

Un dos aparellos do observatorio, o sensor de guía fina, captura unha vista de estrelas e galaxias antes das primeiras fotos oficiais, que se publicarán o próximo 12 de xullo

O James Webb é o telescopio máis caro e potente xamais creado. O seu obxectivo é observar o universo como nunca antes, mostrándonos as primeiras galaxias e o posible achado de novos exoplanetas. Despois de moitos aprazamentos, o complexo observatorio lanzouse ao espazo a finais de decembro de 2021. E agora, seis meses despois, está a piques de mostrar as súas primeiras revelacións. O 12 de xullo é data na que se darán a coñecer as súas primeiras fotografías. Porén a NASA, a través da Axencia Espacial Canadense, xa ofreceu un aperitivo. Un dos aparellos do Webb, o sensor de guía fina, foi capaz de capturar unha vista de estrelas e galaxias. A imaxe non deixa de ser un resultado previo do que ofrecerá o gran telescopio.

O obxectivo deste sensor, malia que sempre foi capaz de capturar imaxes, é permitir medicións científicas precisas. Polo tanto, cando saca fotografías non se adoitan gardar. Con todo, durante unha proba de estabilidade en maio, o equipo da Axencia Espacial Canadense —encargada do desenvolvemento do aparello— decidiu conservar as imaxes. O resultado mostra 72 exposicións durante 32 horas e, segundo os científicos do Webb, trátase dunha das imaxes máis profundas do universo xamais tomadas. De todas formas, dende a NASA informan que esta imaxe non foi creada cun obxectivo científico en mente e, polo tanto, algunhas das súas características serán “bastante diferentes” ás que se publicarán o 12 de xullo.

Publicidade

1 comentario

  1. SODES UNHA DAS MELLORES PLATAFORMAS
    NA QUE SE APRENDE,SIN TER MOITA ENSINANZA OU ESTUDOS.
    Meus parabens pa todo o EQUIPO que facedes posible GCiencia,e tamen pos que saen nos artigos,e a Ciencia en xeral,e un pouquiño mais os Galegos.
    Sinto non poder subscribirme polo estado economico,62 coa prestacion SEPE,actual.
    Un Saudo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

Este é o Google Maps do universo que permite explorar o espazo en 3D

A aplicación achega información sobre a localización de cada corpo celeste e datos complementarios distribuídos en nove categorías

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027