A fauna salvaxe toma Chernóbil

Unha manda de porcos bravos corre no entorno de Chernóbil. Foto: VALERIY YURKO.
Unha manda de porcos bravos corre no entorno de Chernóbil. Foto: VALERIY YURKO.

A explosión da central nuclear de Chernóbil en 1986 provocou a expulsión de material radioactivo e tóxico nun radio de varios miles de quilómetros cadrados. O accidente forzou á poboación supervivente a fuxir das áreas afectadas para nunca volver. Con todo, case 30 anos despois, un estudo publicado en Current Biology, demostra que a fauna salvaxe atopada nas inmediacións é moito maior agora que antes do accidente. “Isto non quere dicir que a radiación sexa boa para os animais, senón que as consecuencias da ocupación humana, a caza, a agricultura e a silvicultura poden ser moito peores”, apunta Jim Smith, da Universidade de Portsmouth (Reino Unido) e un dos autores do traballo. Segundo destacan os autores, a abundancia de alces, corzos, cervos, xabarís e lobos nestas zonas é comparable a catro reservas naturais da rexión que non están contaminadas. Un dos datos máis significativos é que o número de lobos que habita preto de Chernóbil é sete veces maior que o destas reservas naturais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo pioneiro desvela como responden as aves ao primeiro megaincendio rexistrado en Galicia

A intensidade das lapas reduciu a diversidade, mentres que a presenza de áreas con distinto nivel de afectación favoreceu a recuperación ecolóxica

Por que a nube tóxica de Chernóbil non chegou nunca a Galicia?

O 26 de abril de 1986 produciuse a explosión que liberaría unha nube de materiais tóxicos á atmosfera, pero a presenza destes refugallos na península foi mínima grazas ás correntes de aire.

O TSXG denega á Xunta as batidas de control do lobo por falta de probas técnicas

A resolución consideran insuficientes os datos achegados e conclúe que non se acreditou un aumento de ataques

O lume arrasa o 18% do territorio do lobo e fere a osos, aves e invertebrados

Os incendios de agosto devastaron máis de 120.000 hectáreas en Galicia e provocaron un impacto sen precedentes nos hábitats naturais, con perdas críticas de especies en perigo como a toupa de río