A ESA lanza o novo radar que vixía a Terra

Lanzado-el-satelite-europeo-Sentinel-1B-un-nuevo-radar-para-vigilar-la-Tierra_image_380

O programa espacial e ambiental europeo Copérnico xa ten un novo membro: o satélite Sentinel-1B, que este luns despegou desde a Guayana Francesa. A súa visión radar unirase á do seu xemelgo, Sentinel-1A, para monitorar o noso planeta, desde os icebergs nos mares polares e as subsidencias do terreo ata as zonas contaminadas e os desastres naturais detectados na superficie terrestre.

Cuns días de atraso por problemas técnicos, a Axencia Espacial Europea (ESA) lanzou o satélite este luns nun foguete Soyuz desde Korou (Guayana Francesa).

Publicidade

Os dous satélites son idénticos e destacan por incorporar un instrumento de radar de última xeración, o SAR (Radar de Apertura Sintética en banda C), que mellora a resolución e o rendemento doutros sistemas deste tipo nas misións ERS-1, ERS-2 e Envisat. O seu obxectivo é obter imaxes da superficie da Terra en calquera condición climática (mesmo con nubes e choiva), e tanto de día como de noite.

“O lanzamento de Sentinel-1B marca un novo fito como a primeira constelación creada para o programa Copérnico“, declara o director xeral da ESA Jan Woerner.  “Ao orbitar a 180º, os dous satélites optimizan a cobertura e entrega de datos para os servizos que están a dar un xiro radical á maneira de xestionar a nosa contorna”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.